Índice
Un home viaxeiro con visión internacional
Valentín, como experto de F.A.O. percorreu o mundo enteiro facendo escalas, sobre todo en Latinoamérica onde mantiña contactos e fortes vínculos coa Galicia emigrada e exiliada e mesmo tentou facer de ponte entre a Galicia territorial e a Galicia americana. Das súas viaxes consérvanse cadernos de viaxe nos que Valentín describía con todo luxo de detalles os lugares que visitaba e os contactos que mantiña.
Estudaremos pouco a pouco esta faceta de Valentín, non menos importante que o resto posto que lle permitiu ter unha capacidade de análise cun enfoque internacional.