Índice
O político con Galicia, sempre como tarefa
Paz-Andrade xogou un papel primordial para Galicia tamén dende a política. Xa moi novo representa a corrente autonomista e republicana do galeguismo. En 1930, tras a ditadura de Primo de Rivera, preside o Grupo Autonomista Gallego. Daquela data é un dos seus primeiros actos políticos de gran dimensión posto que xunto a Otero Pedrayo e a Daniel Castelao intervén nun mitin en Vigo en defensa do Estatuto de Galicia. Participa tamén na fundación do Partido Galeguista e foi candidato ás Cortes Constituíntes na Segunda República.
Durante o franquismo, Valentín non xogou un papel activo, pero a súa loita continua por Galicia, como país, e a súa defensa acérrima dos principios de liberdade e igualdade, leváronlle en varias ocasións ao cárcere e mesmo a sufrir desterros.
Posteriormente, na Transición, Valentín foi o representante galego na Xunta democrática, na Comisión Negociadora da Oposición Democrática.