Índice
O literato, dende a poesía aos ensaios e ao xornalismo
Un xornalista na alma
"Viejas prácticas del arte periodístico imponen, casi con frecuencia imperativa, el deber de trazar unas previas lineas editoriales a guisa de proemio, cada vez que un nuevo órgano impreso inicia su publicación. Mas como nuestra transigencia, ante el imperio de las fórmulas rutinarias no puede llegar a humillar los dictados del propio pensamiento, cuanto ahora digamos en torno a nosotros, no ha de ser ni uno de esos ostentosos programas al uso, ni una solemne confesión de principios. Galicia se cree relevada de semejante tarea porque no viene a ser un periódico cuajado en los moldes tradicionales, cortado con servil fidelidad a los antiguos patrones de la especie; sino, llana y sencillamente, un resonador claro, imparcial y sereno del hetereogéneo vivir diario en nuestra tierra y en aquellas otras unidas a la nuestra por soldaduras de Natura y Civilización -España, Europa- o por vínculos de sangre y alma -Portugal, América-."
Así comezaba o primeiro editorial escrito por Valentín Paz-Andrade no diario Galicia. Con estas palabras abría a primeira plana da primeira edición do xornal que marcaría máis fondamente a vocación xornalística de Valentín; unha vocación que deu comezo nos seus anos mozos, durante os seus estudos na Facultade de Dereito en Santiago de Compostela e que, máis adiante, cobraría maior peso e forza cando Valentín foi destinado a África como militar.
A súa vocación xornalística acompañaría a Valentín ao longo da súa vida e verase marcado non só nas publicacións nas que se vinculou persoalmente como a revista Industrias Pesqueras ou o xornal Galicia senón nas moitas colaboracións e artigos que Valentín publicou en xornais nacionais e internacionais. Alá onde ía, a Valentín acompañábao un caderno de viaxe non que anotaba non só as súas vivencias senón tamén todas e cada unha das reflexións que o inquietaban.
O seu concepto dun medio de comunicación baseábase en tres elementos que consideraba fundamentais: o editorial, “un diario que renuncia a el, renuncia á maior potencialidade de opinión que está implícita na publicación dun periódico”, sinalaba Valentín Paz-Andrade, nunha entrevista concedida aos periodistas Gustavo Luca e Xan Carballa no ano 1987. “O editorial cumpre unha misión de que a xente non se dá conta: subministrar a opinión que sobre os sucesos políticos pode soster por conta propia o resto do día”, engadía. Valentín defendía así a necesidade de xerar opinión, porque é a mellor maneira de formar e educar a poboación e permitirlle adquirir a capacidade de ter criterio propio. En segundo termo, unha viñeta que definía como “un lategazo, algo de moito efecto que debe de ter un xornal sempre”. No caso do xornal Galicia o toque humorístico procedía da man de Castelao. E unha páxina cun artigo de humor porque a retranca galega non está disputada coa seriedade do medio e, non cabe dúbida, moitas veces esconde gran cantidade de crítica.