Índice
No día grandeiro das Nosas Letras, por Alfonso Paz-Andrade
Moitas son as voces e as plumas que se levan pronunciado o longo diste ano en col da persoalidade e dimensión intelectual, de Valentín Paz-Andrade; por tanto a miña, só se pode deixar ouvir na condizón de fillo. Xa que logo, falo coma mantedor da voz do sangue, pra me adiantar a dar sinal do noso grado po-las multiples amostras de agarimo recibidas dende os recunchos mais alonxados da Galiza e fora dela. Grado á Real Academia Galega, polo resgo de xenerosidade e fidalguía que vén de ter ca memoria do meu pai o adicarlle ó dia grandeiro das Letras da Nosa Terra.
Escribo esta cronica pra FARO DE VIGO, cheo de emoción, dende o terceiro andar do edificio Sanchón, na rua Policarpo Sanz 22, de Vigo. Fora primeira morada dos meus pais, ó mesmo tempo lugar de traballo de Valentin e tamen a casa onde eu nacín.
A poucos metros atopase o antergo Teatro García Barbón, hoxe convertido en Centro Cultural NovaCaixaGalicia, un dos espazos mais vivos, activos e ceibes dos círculos da nosa cultura e convivencia urbán. Foi neste emblematico predio onde o 25 de Xulio de 1930 correu o inesquecente acto do "Día da Galiza"; no que pronunciaron palestras: Otero Pedraio, Castelao e Paz-Andrade. Don Ramón disertou sobor de "A sinñificación espritoal do día da Galiza", Alfonso Daniel, o fixo sobor de "O Galeguismo na Arte", e cerrou o acto Valentín, cun discurso de vindoiro, baixo o tiduo "A Nosa definizón Autonomista".
Meu pai foi coma xa se ten dito, home de persoalidade poliédrica, xente de moitas inquedanzas.
Nasceu en Lérez, no Burgo pontevedrés ó 23 de abril de 1898 na mesma data e o no mesmo mes en que o fixeron os meus dous unicos fillos. Lérez foi terra de moinantes e berce do sonado carterista Benerando de quen meu pai contaba anecdotas con moita rexouva.
Valentín orfo de nai dende os oito anos, creceu nun lar catolico influído polas mulleres da familia. Algunha delas, quixo enrolalo axiña nas ringleiras do seminario. Foi a primeira resistencia, que tivo que defrentar no propio seo familiar, para se arraiar cecais, de sere outro de tantos ex-seminaristas da inteleitualidade galega daquela xeira. Unha respeitabel orientación, que non conxuminaba cos seus pulos de mozo aberto, liberal, cunha ialma chea de revolución e corpo aferboado por viver.
Dende cedo, profisa o afincamento de traballar arreo por rescatar a Galiza, do atraso económico e social no que se atopaba. Compromiso que se ia converter no cerne da súa existencia.
A súa vida, abrangueu moita faena, quixo ser avogado e foi un bo avogado. Debaixo da súa toga ilustrada e intuitiva, latexou decote “un home inteiro” con decencia e concencia social.
A dil foi unha vida consagrada á Galiza, cunha mensaxe ceibadora, anovadora e de prágmatica rebeldía. Unha mensaxe, de apóstolo leigo, chamada “Galiza como Tarefa”.
En 45 anos vivindo á súa beira, vino tombar e erguerse. Compartín intres de trunfo e intres de fracaso, de lediza e de sagrifizo, de hostil persecución e abouramento e de cadea en diversas ocasións, a derradeira no 1957.
Fun testemuña do seu traballo apaixoado, ilusionado, peito con peito con homes da sua xerazón. Penso que alguen deberá estudar a par, as figura do noso lembrado Isaac Díaz Pardo e a do meu pai. Nistes dous persoeiros, non agromaron os pesadelos do seitarismo e das capeliñas o máis magoento déficit moral e mental, da Nosa Terra. Estamos perante duas figuras de esprito aberto, moderno, solidario e sumatorio. Dous homes que dende vórtices difrentes conciben e reclaman unha mesma Galiza, ceibe, democrática, teinificada, industrializada, teinolóxicamente avantada, cabalmente autónomica e aberta o mundo.
Comprenderedes que os meus anos non me acora o non ser políticamentes correto, non me causa desacougo algun: Mais tiveron que pasar 25 anos do seu pasamento e mais dun século do seu nascemento, pra que unha institución o regañara do silenzo.
Sospeitoso silenzo.....algúns, decidiron esquecelo denantes de ó estudar e o entender.
Pra amiñorar algunha inxusta ingratitude o deixo dito o eiquí, so coma un aceno; mais moitos sabedes do que falo.
A biografia de todo home é sempre un percurso histórico sen rematar, na dun home coma VPA hai que dir moito mais, decote. Canto mais pasa o tempo, a verdadeira dimensión inteleitual de Valentín acrece, medra con sorpresa e sochape, os ollos de quen agora están a estuda-lo cerne do seu pensamento.
Plumas esgrevias emprenderon xa o traballo de esculcar e escolma-la
sua faciana: xuridíca, económica, política, poética, xornalística, de ensaio literario, coma teinólogo pesqueiro internazonal, etc.
Fica moito por pescudar....documentos virxenes espallados po-los arquivos de América e Europa.
A pouco frecuente congruencia entre a sua acción e o seu discurso, a sorprendente densidade conceitoal da sua prosa e do seu verso; o sinxelo xeito de viver, amar, gouvir e traballar arreo.
O seu adivinatorio don en col da política e o análise da economía galega, están a facer agora, da súa forte personalidade, imán pra plumas egrexias.
Da mesma aboenza ca Alexandre Bóveda, Vilar Ponte, Otero Pedraio, Castelao, Suarez Picallo, Luis Seoane, Blanco Amor, Pepe Nuñez Bua, Diaz Pardo a súa vida, os seus soños, a súa morte, son poesía viva: Pranto Matricial, Sementeira do Vento, Cen Chaves de Sombra; Valentín tamén foi poeta, solido e activo, a penas ise pouco de poeta que necesita o home de acción, pra non esmorecerer na barbarie, dos seus propios ímpetos.
O home é o que é non po-la súa sangue se non po-la súa cultura e ensino. Meu pai medrou a súa adolescencia, baixo o ensino de dous homes que o marcarían: Seu tío por parte de nai, o poeta Juan Bautista Andrade, home culto e de singular eleganza espritoal, e o seu tío por parte de pai, o republicán Roque Paz.
Do primeiro, herdou a paixón po-las letras e o xornalismo; o segundo inculcoulle a rebeldia e o afincamento solidario ca sociedade.
Velaí, o manancial onde bebeu a auga limpa que o fixo camiñar dende novo pola senda teimuda e apaixoada do xornalismo e o galeguismo, dous sentimentos vertebrais da súa razón de eisistir.
O xornal Galicia (1922-1926), foi pra il moito mais ca unha expirenza editorial; foi un abranxemento vital, un sentimento labrado a lume no fondal da súa ialma.
A resvista Indústrias Pesqueras foi un acougo, unha benquerida ferramenta ca que traballou arreo, pra orientar, modernizar e industrializar a pesca galega, redimindo a os nosos mariñeiros da servidume, duns traballos escravos e arriscados.
E salientable a sua intensa e fertilizante achega a prensa da época: El Sol, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, son exemplos fecundos do seu traballo xornalistico.
Seu parlamento foi distinto ó do seu tempo. A sua vouce rexa, brandieira, tiña un aquel de emoción que a facía chegar doadamentes, ás xentes máis disparellas.
O seu pensamento é sutil, e de intensa forza; na hora cega de España, a sua atitude foi de destaque, valente e sobranceira, xa me entendedes, sen místicas ambigüedades frecuentes naquela xeira.
Foi o mesmo tempo santo e hirexe, un dises ecos que xorden de cando en vez na Galiza, non sei se adiantado, ou adiado pr-o seu tempo.
De Valentín, eu destacaria o seu compromiso ético, a súa loita en prol da xustiza, do coñecemento, da dignidade humá, da solidariedade, a súa inclinación polas artes e a fermosura, incluída a feminina. A sua andaina vital e profesional, fan dil unhan figura tutelar.
As miñas derradeiras verbas han amosar o meu grado e o da miña familia, que rendimos a todos, senlleiramentes a ó Presidente da Xunta de Galiza, e ó Alcalde de Vigo.
O Consello da Cultura Galega, na persoa do seu Presidente Ramón Villares que adicou tempo e meios pra pescudar e catalogar a obra de VPA, a Conselleria de Cultura, a Miguel Anxo Seixas cordinador do Legado Paz-Andrade e como non, como non a Real Academia Galega, na persoa do seu Presidente Xosé Luís Méndez Ferrín que con xorne anovador, está a rachar nista xeira, con xeitos cativos.
Ás editoriais e xornais que en tempos estreitos veñen de faguer un cousibel esforzo pra espallarl-a obra de Valentín.
No nome dos Paz-Andrade vivos, pra todos saúde, lediza, ceibaza e moitas grazas.
Vigo 15,maio 2012