Xa nas librerías a Antoloxía e Biografía de Valentín Paz-Andrade
A editorial Galaxia e o xornalista Xan Carballa nos achegan ao homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012. Amena, rigorosa e ben documentada, esta Biografía é un completo percorrido pola traxectoria vital do ensaísta, poeta e político. Unha vida que atravesa o século XX, desde a ditadura de Primo de Rivera á Transición. O retrato dun home que, nas súas múltiples facetas profesionais, sempre mantivo o compromiso con Galicia e a súa cultura.
Pola súa banda, a Antoloxía, con selección de textos e edición a cargo tamén de Xan Carballa, recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaista. Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu poemario máis coñecido; ademais dunha biografía sintética e unha introducción á obra literaria.