Convocatoria de concurso para a elaboración dunha exposición sobre Valentín Paz-Andrade
Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria do día 4 de novembro de 2011, en virtude da disposición adicional da Orde do 22 de abril de 2010 de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 78, do 27 de abril de 2010), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso, entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2012, Valentín Paz Andrade, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.??Pode acceder aos obxectivos e bases do concurso nos seguintes enlaces.Convocatoria
Bases e convocatoria