Galicia como tarea
Autor: Valentín Paz-Andrade
Data de publicación: 1959
Editado polo Centro Galego de Buenos Aires, Galicia como tarea analiza a potencialidade de Galicia e os principais problemas aos que se enfrontaba na época. A emigración e o seu impacto bio-económico; a dispersión rural e a concentración urbana; a necesidade de industrialización e incluso as frontes culturais e lingüísticas.