"Veño da Morte"
Galegos, meus irmaos,
veño de ter co-a morte.
Sin o agardar unha vez mais atopo
o ventureiro empalme con a vida.
Estóu na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.
Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen pra vos:
cicatrices de ferro nas palavras
Poema escrito por Valentín Paz-Andrade en Vigo no ano 1962 e publicado en Cen Chaves de Sombra