O valor da coherencia
Esto demostra que aínda en España non hai conciencia clara do que somos os galegos e do que é a nosa patria. Esto demostra que aínda nos falta moito camiño por percorrer e que esta autonomía un pouco descafeinada que se nos otorgou non é máis que unha etapa primeira que temos que superar facendo desta terra unha terra con autogoberno pleno non unha terra con gobernos mediatizados como aínda hoxe a persistencia dos gobernos civiles, das diputacións e de toda a cohexistencia do poder central nos impón. En realidade esto é unha autonomía compartida co poder central é decir, unha autonomía adulterada. Quero terminar estas vebas deixando esta afirmación no ambente porque penso que estamos aínda necesitados de actos que verdadeiramente expresen a nosa vontade de ser un pobo libre e de ser un pobo que plenamente se rixe por si mesmo.
Discurso pronunciado por Paz Andrade durante a entrega do premio Trasalba que lle foi concedido en xuño de 1986. Foi un discurso en resposta á decisión do Tribunal Constitucional quen días antes dedicira que os galegos non tiñamos a obriga de coñecer a lingua que nos é propia.