O home dentro do sabio: Pedro Joseph de Bermés (1770-1824)
Veño arestora, pol-a cosa xentileza convidado a tomar conta de un lugar de traballo, n-unha fragua acesa do saber científico. Non se pode avaliar en menos o trance no que agora estou a participar.
Ben sei que pouca cousa podedes agardar min. Tanto por chegar a vosa porta faltoso de merecimentos, como sobrado de anos e crebaduras. Unha e outra son razóns de abondo, para que tome corpo e quentura o sentimento da miña gratitude, en contrapartida ben cativa da vosa desbordada fidalguía. Sei ben canta gracia vos debo e teño que facervos a xusticia de proclamar sin remorso.
Fora ou dento das porta aurias, os homes pasamos, mentras a Academia de Ciencias de Galicia permanecerá. O seu papel e o seu destiño non teñen caducidade prevista. Mais a razón do privilexio, non dimana somente de canto vaia conquerindo na colleita de conocimentos. A súa laboura ven avencellada ao pais mergullado hoxe n-unha encrucillada histórica. Cecais a mais grávida de expectativas da sua multisecular taiectoria.
Mandado imperativo que nos impón unha irrevocabel solidaridade. Mandado que sin dúbida a Academia e a primeira en compartir, e que a sitúa na avangarda do progreso do pais. Ao mesmo tempo razón sobrada para que un sinta a ledica de facer de tan nobre tarefa a sua propia bandeira
Discurso lido no acto da súa presentación como académico numerario na Academia Galega das Ciencias en decembro de 1985
Arquivos