Carta a Xosé Neira Vilas sobre "Memorias dun neno labrego"
VIGO 29 de marzal de 1961
Querido Neira Vilas: Moito lle agradezo “Memorias dun neno labrego”. Un libro que envolve a un, dende as primeiras paxinas, na onda vivenical con que foi sentido i-escrito. Apartándose da liña tematica tradizioal, coma no caso de “A Esmorga”, sorprende pol-a densidade sicoloxica tanto como pol-a beleza expresiva, conquerindo ambos valores con tal autenticidade e frescura que non foron pol-o d-agora superados na nosa producción literaria. Outros amigos que recibiron o libro -como Iglesia Alvariño- comparten estas apreciacións.
Quero felicital-o cordialmente e darlle alento pra manterse na mesma liña de fertilidade e de adiantamento, pois as sas primeiras obras abriron un creto sin lindeiros ao autor, que penso non se esgotará endexamais.
Reciba unha cordial aperta so deu sempre bon amigo,
V. Paz Andrade
Extraída do XXII "Cadernos Ramón Piñeiro" Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro.