Lume de vidas. Valentín Paz-Andrade-Ramón Otero Pedrayo: un diálogo epistolar (1925-1976)
Autor: Henrique Monteagudo e Denis Vicente
Data de publicación: 2012
ISBN: 978-84-9887-866-0
"Sempre teu irmán.
Ramón Otero Pedrayo"
Esa despedida coa que Ramón Otero Pedrayo congratulaba ao seu amigo Valentín Paz Andrade nunha carta con data de marzo do 76, converteuse na derradeira dunha extensa relación epistolar. En Lume de Vidas, Henrique Monteagudo e Denis Vicente recollen e ordean a correspondencia entre estas dúas senlleiras figuras da ‘Xeración do Abrente’, coincidindo co Día das Letras Galegas no que se homenaxea ao intelectual, escritor e empresario galeguista. Unha escolma de oitenta e seis cartas que abranguen dende o ano 1925 ao 1976, e que compoñen a intrahistoria do galeguismo interior e a súa relación co exterior, sobre todo coa capital galega da diáspora, Bos Aires. Dende a ditadura de Primo de Rivera á Transición, pasando polos anos da II República e a longa noite de pedra do Franquismo. Máis info