¡Viva don Valentín Paz Andrade!
Autor: X.L. Méndez Ferrín
Data de publicación: 1986, xullo, 7
Medio: Faro de Vigo
Grande número de xornalistas, entre os que se inclúen José A. Silva e os Álvarez Pousa, dunha televisión impregnada de tabúes, vetos, noxos, manipulacións informativas, medos variados á liberdade negan a existencia de Realidade Galega implícitamente, e algúns explícitamente tamén, informando, entrevistando, escribindo como se este partido non existira e presentando as suas figuras non como o que son, activistas políticos de direita neo-rexionalista, senón quer como "galeguistas históricos" ou quer como "os intelectuais galegos".
Certamente, a cultura e o galeguismo foron usados, e aínda o son, como atributos proprios e exclusivos dos seus membros, que lles permiten acceder aos arrabaldos do poder autonómico, ou a lugares de verdadeira competencia executiva, sen ter que pasar por eleicións nen por urnas. Eles son os "históricos" e os "intelectuais" (ademais democráticos), e como nen o PSOE nen AP teñen "históricos" de ninún tipo nas súas fileiras (AP tennos pero son históricos do franquismo; e iso haino que esquencer), nen tampouco dispoñen de moita xente de letras os homes da Realidade Galega sérvenlles para acadar lexitimidade e perfume. Son os de Realidade Galega, o arrecendo e o luxo de filisteísmo galego.
Pero, en realidade, esta Realidade é un bluff no seu conxunto e unha tomadura de pelo no detalle das suas cousas. Por exemplo, D. García-Sabell endexamais foi galeguista, senón sempre un verdadeiro intelectual (iso si) republicano (agora xa non) e denodado resistente contra a barbarie franquista. Non é histórico de nada en política, porque a sua resistencia, como a do grupo dos seus amigos de Madrid (Marías, Lain, por exemplo) foi meramente pasiva endexamais se complicou na acción antifranquista xunto cos centos e centos de homes e mulleres que en Galicia forman a nómina real dos demócratas e galeguistas "históricos". As suas conferencias e os seus textos sobre o bilingüismo revelan que o seu instinto, a sua íntima vivencia, a sua fe personal non apostan pola emancipación e a emerxencia dunha cultura nosa, nova, popular e democrática, de expresión única galega. Por isto García-Sabell, que viamos que non é ningún "histórico", tampoco pode ser cualificado como "galeguista". E o seu valor cultural segue intacto, como seguen os valores degradados do seu activismo político.
En canto ao calificativo de "intelectuais" que reciben os membros de "Realidade Galega" porde ser verdade nalgúns casos, como o de Garcia-Sabell, pero noutros non é tanto. Por exemplo: Mariño Dónega Rozas, que chegou a ser conselleiro da Xunta preautonómica, a dedo, en virtude da sua condición de "escritor" e autor, como moito de tres prólogos. De outros intelectuais de Realidade Galega sábese que non escribiron máis que recetas, como o doutor Sixto Seco, e son membros do Consello da Cultura. O propio líder, Ramón Piñeiro, é autor pura e simplemete duns cantos artigos e ensaios filosóficos, algúns dos cales pode ser obxecto hoxe de análise xocoso, como é o caso do seu "Siñificado metafísico da saudade". Precaria intelectualidade, esta de Realidade Galega.
Así e todo a complicidade do silencio dos periodistas adictos aos círculos do poder autonómico, "Realidade Gallega" ensina de vez en cando a sua faciana. Revela que está incrustada e detenta poder.
Sabemos que o delegado dos gobernos, de todos os gobernos de Madrid, recurrira contra a Lei de Normalización Lingüística, que o Tribunal Constitucional aceptara as suas admonicións e aporios xurídicos e que fallou de maneira que a obrigatoriedade do noso idioma na Administración autonómica ficou eliminada. O delegado dos gobernos acumula na sua persoa a condición de presidente da Academia Galega, de herdeiro moral de Manuel Murguía. Que vergoña. Que noxo.
A vista de algunhas protestas e de algunhas declaracións públicas de desagrado, salta automaticamente o Consello da Cultura Galega, organismo inoperante que é incapaz de gastar o seu propio orzamento e que serve únicamente como plataforma de cobertura a ese activista clandestino da direita que é Ramón Piñeiro. Salta Ramón Piñeiro cunha estúpida louvanza do fallo constitucional cando ninguén lle esixía outra cousa que o estar calado, que é cando mellor se aprecia a sua presencia no mundo.
Está claro, pois logo, que Realidade Galega existe, aínda que a sua vida sexa sixilosa, masónica, subterránea.
Naturalmente, se en Galicia houbese unha política como é debido, D. García-Sabell sería obrigado mediante toda clase de presións sociais para que abandoara o cárrego de presidente da Academia Galega. E Ramón Piñeiro veríase obrigado a dimitir, con toda a sua conte de intelectuais e de filisteos, da presidencia do Consello da Cultura Galega.
Como pouco iso.
Aínda que, se o malestar conta esta cativa xentiña de Realidade Galega se convirte nunha preotesta nacional, como debera, ao mellor encontrábamonos no intre adecuado pra reconstruir e por en funcionamento tanto a Academia Galega como o Consello da Cultura, pasando, naturalmente, polo trámite necesario de expulsar esta secta dos seus acobillos indebidos e entregarlles estas instituciós ao seus lidimos xestionarios naturais: os intelecturais galegos, a cultura viva da nos patria.
Polo de pronto, a voz de Valentín Paz Andrade denunciando a insuficiencia dun estatuto con provincias, con gobernadores civís e delegados virreinais, resoou con forza en Trasalba e en Vigo. Dixo grandes verdades Valentín, o noso Valentín. Xa as sabíamos pero reconforta ouvilas e confonde, o metal da voz de Valentín, aos cínicos, aos falsificadores da historia, aos inautenticos. Qué ben.
Pilar Comesaña pediume un "panfleto" humorístico, e eu vinme incapacitado para llo escribir. Porque, en realidade, en realidade galega, eu tiña que escribir hoxe aquí un panfleto serio, este panfleto, que termina cun berro que non dou arredado da máquina de escribir: ¡VIVA DON VALENTÍN PAZ ANDRADE!