Valentín Paz-Andrade: in memorian
Autor: Francisco Fernández del Riego
Data de publicación: 1987, maio, 23.
Medio: La Voz de Galicia
Despois dunha existencia lonxeva, dominada polo traballo e a acción creadora, finou en Vigo -case nonaxenario- Valentín Paz-Andrade. Coñecímonos no ano 1931. Compartimos moitas xeiras do galeguismo militante. E, ao remate da guerra civil cheguei á cidade da súa residencia para me iniciar no exercicio da abogacía no seu bufete. Desde entón frecuentamos moitas andaduras comúns.
Durante o longo tempo do seu vivir, Paz-Andrade chegou a adquirir un sólido prestixio no mundo da política e da economía pesqueiras. Cultivou tamén a poesía en dous libros definitorios, e a actividade literaria en volumenes sobre Valle-Inclán, Guimarães Rosa e Castelao. Pero o que sempre me chamou a atención nel, foi a súa vocación periodística. Esta vocación víñalle desde a súa época de universitario en Compostela. A ela contribuíron os consellos e asesoramentos do seu tío pontevedrés: o poeta Juan Bautista Andrade.
(...)