Valentín Paz-Andrade
Autor: Victor Freixanes
Data de publicación: 2011, xullo,03
Medio: La Voz de Galicia
Había andar eu polos vinte e catro ou vinte e cinco anos, ás voltas co que sería o meu primeiro libro, Unha ducia de galegos (1976), e recibiume no seu despacho da rúa Policarpo Sanz, en Vigo, no edificio Sanchón. Non teño unha lembranza clara daquel primeiro encontro. Eu era un mozo que empezaba. Aínda Franco estaba vivo. Don Valentín, que era como todos o coñeciamos, mandoume agardar na antesala e preguntoume despois as razóns do meu proxecto, por que quería escribir o libro, para que. Foi un interrogatorio amable, mais tamén preciso, profesional. Continúa lendo