Valentín Paz-Andrade
Autor: Isaac Díaz Pardo
Data de publicación: 2009, setembro, 21
Medio: La Voz de Galicia
Ir a Vigo e non darlle unha aperta a este gran home que foi Valentín é algo que me fai pensar con nostalxia na súa tarefa orientada a que este Vigo chegara a ser a capital mundial da pesca. Por certo que coa excepción do seu fillo Alfonso, que recordou a seu pai no discurso inaugural da World Fishing Exhibition, ningún dos informadores e columnistas de este acontecer, que eu recorde, se acordaron de Valentín, a excepción onte de Víctor F. Freixanes nestas mesmas páxinas. Continúa lendo