Valentín Paz-Andrade
Autor: Fernando Ramos
Data de publicación: 1997, maio, 20.
Medio: El Correo Gallego
Pregunteille unha vez a Valetin Paz-Andrade, xa que a súa biografía presentaba tantas facianas, cómo lle gostaría ser relembrado polos galegos do futuro (abogado, economista, escritor, poeta, patriota…). E me dixo: “a miña biografía é unha mixtura de tódas esas manifestacións que espontaneamente me empuxaron dun campo a outro. Máis é posible que non houberan ocurrido de non teren pasado as cousas que aconteceron en España logo do 18 de xullo de 1936. Esa data sorprendéume nun momento decisivo para que un elixa un determinado camiño na vida. Se eu houbera sospeitado entón que íamos soportar corenta anos de ocupación, posiblemente houbera percurado na libertade noutro país”. Sempre citaba Paz-Andrade ó seu tío Juan Bautista Andrade, de quen dicía que era “poeta de gran finura”, como o seu mentor esencial.
E logo, a decisiva influencia do seu cedo amigo Castelao. “Hai que sacrifica-lo sectarismo partidista -predicaba valentín en 1981- e crear a conciencia necesaria para se poñer á altura que demandan as circunstancias históricas”. Un gran partido galeguista era a súa angueira. “Crecéu a dispersión -se queixaba- e non se recolleu aquela gran ilusión colectiva. Fumos de torpeza en torpeza. E as novas xeneracións amosaron non teren excesiva compaxinación có pasado. O galegismo militante tiña que ser unha forma moito máis xeneralizada, máis dinámica, máis madura”. E logo viña a queixa que moitos xulgaban inxusta: “a pesares de ter sido representante de Galicia na comisión que negociou a reforma política e de ter sido senador, logo de ganar democráticamente unhas eleccións, nin conmigo se contóu”. O 19 de maio de 1987, Medalla de Ouro de Vigo apenas un ano antes, íase cara o alén.