Un novo libro de Paz-Andrade
Autor: Carlos Casares
Data de publicación: 1979, novembro, 18
Medio: La Voz de Galicia
Publicado na sección A ledicia de ler de La Voz de Galicia na que Carlos Casares trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual.
Cronoloxicamente, Valentín Paz Andrade pertence á xeración dos nosos vangardistas, aqueles que naceron ao redor do comezo do século: Manuel Antonio, Amado Carballo, Blanco Amor... Pero a súa produción poética é posterior á guerra civil. Antes alcanzara sona como político, como avogado, como experto xurídico- económico en temas pesqueiros e como xornalista. Precisamente en calidade desta última actividade dirixiu durante cinco anos o famoso periódico Galicia. Continúa lendo