Lembranzas de Valentín
Autor: Fernando Ramos
Data de publicación: 1997, marzo,14
Medio: O Correo Galego
Moito teño admirado aquela ordenada desorde da casa do "Noso Valentín" na beiramar de Vigo. Eu desfrutaba sentíndome preto dos orixinais de Castelao, da famosa caricatura de Bagaría lle fixera no Pado de Congresos ó noso Daniel, de tantas e tantas pezas de valor espiritual aínda maior que o seu valor material. Rara era a ocasión na que nas longas conversas de Samil, Paz-Andrade non falase do seu xornal "Galicia", que viviu desde o 25 de xullo de 1922 ata setembro de 1926. Sempre citaba Paz-Andrade ó seu tío Juan Bautista Andrade, de quen dicía que era "poeta de gran finura" como o seu mentor esencial. Paz-Andrade chega ó galeguismo no clima favorable da Universidade de Santiago. Unha das cousas máis curiosas daquel tempo é que a primira vez que fala en público o fai nun acto no que tamén intervén o que logo pretendía se-lo gran ideólogo e mesmo o poéta do réxime, o Rosemberg español, nada menos que Eugenio Montes. O máis incrinble é que fora Castelao o que fixera que falasen Valentín e Montes. "A cuestión- dicía Paz-Andrade- non era que facía alí Montes, senón o que pasou despois"