Cando ti volvas polo mar
Autor: María Xosé Queizán
Data de publicación: 1997, abril, 27
Medio: Faro de Vigo
Vigo é unha cidade fundada con sal marina. Mesmo o Cristo chamóuse o Cristo do Sal, cando as carrexonas adentrábanse no mar, no Areal, para descargar o sal dos barcos, cando as mulleres manipulaban as sardinas nas fábricas de salgazón e más tarde na conserva, cando se comenzaron a construir os barcos e se xeróu unha industria arredor do fruto marítimo. O mar e a súa riqueza é unha presencia concreta nesta cidade: a pesca, os portos, os barcos, os esteleiros, a industria, o comercio, o turismo, os deportes… O traballo e a vida; a beleza da paisaxe, tamén a emigración e a saudade. Polo mare….
A preocupación pola riqueza do mar foi tamén prioritaria para as personas que contribuiron ao progreso da cidade. Un modelo para lembar foi Valentín Paz-Andrade, un impulsor do galeguismo desde os seus anos de estudiante en Compostela. Compaxinóu o seu labor de abogado, desde o seu despacho na rúa Policarpo Sanz, con vinculación ao xornalismo (dirixindo o xornal de Galicia, coa aportación das caricaturas de Castelao), á literatura e á empresa.
Preocupado sempre pola pesca, foi un esperto en economía pesqueira e asesor internacional comisionado pola FAO en múltiples ocasión. Fundóu a “Revista Industrias Pesqueras” e publicóu numerosos libros sobre a pesca e os espacios marítimos. Vigo está en débeda coa aportación desta figura á súa economía e á súa mellora.
Seguindo os seus pasos, o fillo, Alfonso Paz-Andrade, que preside o Comité Executivo da Exposición Mundial da Pesca, erixe de novo a Vigo como sé dese encontro e como lider para conseguir a mellora do sector. Sabemos que son graves os problemas polos que atravesa a pesca e os conflictos inernacionais que ocasiona. E son mundiais porque os recursos pesqueiros se esgotan e son necesarias políticas que garantan a conservación dos recursos, que controlen a pesca excesiva, que impidan que se tiren ao mar toneladas de peixe capturados que, sexa polo tamaño ou pola menor cotización no mercado, non interesa conservar. Cómpre evitar o despilfarro desa riqueza e distribuíla adecuadamente. E non convén agachar a cabeza: a frota galega contribuíu a esquilmar os mares como o que máis. Agora correspóndenos arbitrar os acordos dunha política razonable.
O polifacético Valentin Paz-Andrade tamén foi potea e un dos seus poemas fíxoo lembrando a Castelao, a quen tratóu, seguíu e admiróu. Gran coñecedor da súa vida, publicóu unha biografía: Castelao na luz e na sombra. O poema ao que me refiro, leva un refrán: Canto ti volvas pola mare. Porque para él, Castelao ven unido ao mar. Ese regreso simboliza Sempre en Galiza, o pensamento de Castelao, a Galiza republicana e nacionalista, o progreso que, para Valentín Paz-Andrade, tiña que cegar polo mare. E así debe ser.