Bou "Eva"
Autor: Manuel Bragado
Data de publicación: 2012, abril, 28
Medio: Faro de Vigo
A madrugada do 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller, entre os 24 e os 44 anos, morreron, tras o asalto fascista ao bou "Eva" no que pretendían fuxir dende o peirao do Berbés. Aquel episodio estarrecedor, o maior suicidio colectivo da Guerra Civil, foi agochado polo franquismo e silenciado, ou polo menos escasamente difundido, durante o proceso da Reforma Política, a pesar de que a primeira noticia da traxedia xa a dera Rafael Dieste na súa crónica "Unha morte lanzal" publicada na revista "Nova Galiza" en Barcelona durante o mes de xuño de 1937. Setenta e cinco anos despois é de estrita xustiza recuperar a memoria daquelas nove persoas que morreron sen cometer outro delito que, despois de nove meses de esquivar a persecusión, pretender evadirse da represión franquista daquel terrible ano. Continúa lendo