Presentación do XXIII volume dos cadernos Ramón Piñeiro
Onde: Fundación Sales Xardín Arboretum. Av de Europa, 52. Vigo
Data: 18 de febreiro do 2013. 19:00h
Organiza: Consellería de Cultura, Educación e O.U., Centro Ramón Piñeiro
No acto participarán don Alfonso Paz-Andrade, presidente da Fundación Sales Xardín Arboretum; don Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; don Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; don Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; don César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro e don Xosé Luís Cochón Rodríguez, co-coordinador dos Cadernos Ramón Piñeiro. Tamén contará coa presenza de don Alberto Casal Rivas, presidente de honra da Fundación Sales Xardín Arboretum e de María José Bravo-Bosh, delegada da Xunta de Galicia en Vigo.
Saiban cantos estas cartas viren...
sobre o
CARTEO
que houbo entre
A. Cunqueiro e A. Casal
no septenio máis creador
do gran midoniense
onde se da conta certa
das súas dúbidas, trasacordos
e temores
con outras especies de varia lección
Con prólogo de César Cunqueiro, edición de Luís Cochon e colaboración de Lorena Domínguez Mallo