Presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX
Onde: Galería Sargadelos. Praza de Santo Domingo, 4. Lugo
Data: 30 novembro 2011
Organiza: Galería Sargadelos de Lugo e Editorial Biblos
Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX é o resultado dunha longa entrevista mantida entre Tucho Calvo e Valentín Paz-Andrade no mes de setembro de 1982. O libro ten a súa orixe nunha cálida primeira conversa de máis de cinco horas na biblioteca da Pousada Nova, a vivenda de Valentín Paz-Andrade e a súa dona, María Pilar Rodríguez, situada na praia de Samil, á que lle sucederon outros moitos encontros. O resultado foi a historia dun personaxe que avanza paralela a historia de Galicia, dende o seu Lérez natal nun percorrido por todo o mundo, dende finais do século XIX a o longo do século XX.