Presentación do libro
Onde: Casa del Libro Vigo
Data: 25 de novembro de 2011
Organiza: Editorial Biblos Club de Lectores e Casa del Libro
Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX é o resultado dunha longa entrevista mantida entre Tucho Calvo e Valentín Paz-Andrade no mes de setembro de 1982. O libro ten a súa orixe nunha cálida primeira conversa de máis de cinco horas na biblioteca da “Pousada Nova”, a vivenda de Valentín Paz-Andrade e a súa dona María Pilar Rodríguez situada na praia de Samil, á que lle sucederon outros moitos encontros. O resultado foi a historia dun personaxe que avanza paralela á historia de Galicia, dende o seu Lérez natal nun recorrido por todo o mundo, dende finais do século XIX a o longo do século XX.