Conferencia Valentín Paz-Andrade, Galicia labra a súa imaxe.
Onde: Sala del professorat, edifici Josep Carner, Facultat de Filología, Barcelona
Data: 10 de maio do 2012, 19:30
Organiza: Estudis Gallecs i Portuguesos. Universitat de Barcelona.
Conferencia a cargo do historiador Miguel Anxo Seixas. Presenta o acto Adolfo Sotelo, decano da Facultade de Filoloxía.
Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987) tiña como obxectivo traballar por e para Galicia. Director dende 1922 do xornal galeguista Galicia, membro fundador do Partido Galeguista (1931), primeiro vicepresidente da empresa Pescanova, membro da Comisión Negociadora da Oposición Democrática, a Comisión dos Dez... Escribiu ensaios fundamentais como Galicia como tarea, outros arredor do seu amigo Castelao ou sobre o escritor brasileiro Guimarães Rosa, e poemarios como Pranto matricial, Sementeira do vento ou Cen chaves de sombra. + Info