Concerto "Día das Letras Galegas"
Onde: Pazo da Cultura. Pontevedra
Data: 16 de maio do 2012. 21:00
Organiza: Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello de Pontevedra e o Consorcio de Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega organizará o seu segundo concerto “Día das Letras Galegas” no Pazo da Cultura de Pontevedra. Será o mércores 16 de maio ás 21 horas, con entrada libre e gratuíta, e contará coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave e acompañada pola Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra. Na sesión estrearanse as obras “Cantata das cantigas”, de Roxelio Groba, e “Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade”, de Juan Durán.