Cincuentenario do Día das Letras Galegas. "Cincuenta voces"
Onde: Praza de María Pita. A Coruña
Data: 16/06/2012 18:00
Organiza: Real Academia Galega
O sábado 16 de xuño ás 18 horas, na Praza de María Pita, celebrarase un acto en conmemoración do cincuentenario do Día das Letras Galegas, Cincuenta voces para o cincuenta aniversario do Día das Letras . Contarase coas intervencións de:
Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.
Carlos Negreira Souto, alcalde da Coruña.
Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega.
No transcurso do evento, a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitarase na voz dos representantes dos concellos que os acolleron. Asemade, terá lugar un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega.