Versos de Paz-Andrade e Castelao clausuran a presentación do libro “Vigueses distinguidos 1985-2011”.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Valedor do Cidadá, Luis Espada, presentaron o pasado venres un libro que reúne as biografías das 150 persoas que desde mediados dos anos 80 teñen sido declaradas "vigueses distinguidos". Durante o acto se repartiron exemplares entre os protagonistas e familiares. O periodista Gerardo González Martín fixo unha especial semblanza a Valentín Paz-Andrade.