"Valentín Paz-Andrade no Museo do Mar"
21/12/2012
A memoria de Valentín Paz Andrade reside estes días no Museo do Mar de Galicia. O polièdrico personaxe protagoniza unha exposición interactiva, promovida pola Consellería de Cultura. Os secretarios de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Normalización Lingüística, Valentín García, acompañaron á directora do centro, Marta Lucio, na inauguración da exposición titulada «Valentín Paz Andrade. Dia das Letras Galegas 2012». O editor Tucho Calvo, o escritor e director da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o empresario Alfonso Paz-Andrade, entre outros, aportaron ás súas visión sobre o escritor e empresario.
O político, o empresario, o escritor, o abogado, o economista. Todas as facetas desenvolvidas ao longo da vida de Valentín Paz Andrade están presentes nos cinco monitores que compoñen a exposición.
Fonte: Jorge Lamas. La Voz de Galicia.