Paz-Andrade, o escritor que pulía versos
Faro de Vigo 15/05/2012
MAR MATO - VIGO Os centros galegos espallados polo mundo, así como as fundacións da terra na honra de autores e artistas gardan tesouros. Un deles foi un poemario inédito de Valentín Paz-Andrade –homenaxeado polas Letras Galegas– que onte era presentado en Compostela no Consello da Cultura Galega. Foi esta institución a que se ocupou de editalo como Canto do pobo disperso. Esta obra, segundo varios expertos, demostra que o creador "era un poeta que pulía o seus versos", revelación que é clave para escachar cos prexuízos sobre o autor.
"Este poemario dános unha nova visión de Paz-Andrade. Con esta obra, coñecimos aspectos que non sabiamos sobre a importancia da poesía na súa vida. El era un poeta que pulía os seus versos; reconstruía a estrutura do poema; buscaba darlle unidade ó poemario... Non era un poeta ocasional como se pensaba", explicaba onte María Xesús Lama, autora do estudo introdutorio, editora e profesora na Universidade de Barcelona. Continúa lendo