O tesouro das praias
12/02/2013
Publicado en Hoja del lunes de Vigo o 12/07/1971
As praias vellas
Unha a unha sen laio nin door, as praias foron morrendo. As praias vellas que no contorno mareiro do Vicus auroral, abrían os seus deitados festóns de aréa. Aquelas que compuñan, dende Guixar a Bouzas, unha cadea de relanzos dourados, da que se foron derretendo, sen xenreira nin queixa, todol-os eslabóns.
Eu ben sei que non eran d-abondo compridas pra recibir a tanta moitedume folgadeira, com-a que cobiza hoxe os agarimos do sol e das ondas. Mais eran a ledicia do mar ao pé das casas. Eran una presencia amansada do océano na cibdade, a despeito de aterramentos, escolleiras e malecóns. Oferecán o seu gozoso contraponto, rimado pol-as marés, salgado e latexante, a ola insípida do ferro e do cimeto, que acabaría por asolagarnos baixo tanta uniformidade e tanta verticalidade. Algúns que alentan anda -¡e sexa por moitos anos!- de mozos mergullaron seus corpos no doméstico mar das praias vellas. Veciños ou forasteiros, xentes do señorío, poubanas ou mantidas... perderon aquél privilexio a volta de pouco tempo. Agora, no fondal da sua memoria, somentes vive o nome dos pequenos paradisos perdidos: o Areal, San Bastián, Coia, San Gregorio...
Tesouros de beleza e saudade que Deus regalara a ribeira de Vigo, pra lle dar riqueza estética a fisonomía urbán. Hoxe serían, no medrado perfil da cibdade, o aderezo mais nobre e lúcidio.
A conciencia apreciadora
Serían... si pra tanto ben de Deus os homes tuveran ollos apreciadores. Mais si os tiñan..., d-aquela non os abriron d-abondo. A Natureza, festa maor dos nosos sensos, perdéu a partida. Non atopúo padriños nin voceiros, pra se defender diante do arroallo industrial, ou a miopía funcionarial.
O primeiro, e un pulo merecente sin dúbda de tódal-as axudas maormente cando non se espalla as cegas, cando no seu louvabel crecimento, permite respetar os outros bens da vida dos pobos. E principalmente cantos foron adequiridos co-a nacencia: os valores da configuración telúrica da envoltura ecolóxica, do microclima local, da paisaxe...
Vigo, mesmo nos comenzos non ocultóu o seu futuro. Tanto a cibdade com-a o porto anunciaban as craras o folgo da sua prosperidade vindeira. Tiñamos, pois, dereito a merescer unha escolla máis certeira, e unha distribución menos obstructiva de localización industrial. E non que , a poucos anos vista, as fábricas e os estaleiros se convertían nun quiste incómodo par-o corpo da urbe.
Por enriba de todo botóuse de menos na conducción das estructuras básicas unha concencia lúcida no noso patrimonio natural, o máis avaliado que temos. A conciencia elemental do herdo cósmico. Ben pudo ter funcionado eiquí, ao seu tempo, com-a n-outras partes. Na Cruña, exempro collido mais de perto, que soupo salvar Riazor e Orzán – si ben fallara da outra banda, ao deixar perder o miradouro dos Cantóns sobre a badía-. No San Sebastián, facendo da Concha o gran colo da colo da cibdade. E ainda en paises menos traballados culturalmente que os europeus. Digamos o Brasil, onde Rio de Xaneiro conserva no recinto central a Flamingo e a Botafogo, Lebrón e a Urca... Digamos Chile, con Viña del Mar na cuncha de Valparaíso... Ou México, co-as caletas de Acapulco...
Os tesouros aldraxados
Por moito que nos doa est confesión, o mal ainda dura. O tratamento que recibíu en terras alleas, non tuvo na nosa efeutos preventivos sin curativos. Co-a agravante, hoxe ben agua, d que a pouca ou ningunha sensibilidades prós valores herdados e adiquiridos, xa non se contén na comisión de aldraxes e despoxos contr-a Natureza.
Agora convertíuse n-unha madición que corre pra duas bandas. Pasou dos recursos terrestres aos recursos do arte, Da obra de Deus a obra do home. E, pra maor desventura, deixando cair a corrente destructora, sobre as criacións que mellor representaban un feito propio e non emprestado. Tal é o caso senlleiro da Ribeira do Berbés, hoxe triste caricatura do que foi. Vigo tiña o bairro mariñeiro máis orixinal de Europa.
Deixoun-o estragar e perder antre a mais tolledora indifrencia. Como deixou naufragar as ideias de Eduardo Chao, a variane André o plano videncial de Palacios... Do mesmo xeito que despois consentiu ao poder dos cartos alleos a demolición da mellor mostra novecentista da canteiría artística galega, ou que aínda se encolle de ombreiros diante do chavolismo infraestético, invasor da xoia malfadada que é Samil.
A praia de bouzas
De Bouzas a Guixar... as praias vellas foro morrendo. A Natureza mexida pol-o latexo do mar, musa dos segreles da Ría -de Martín Códax, de Xoan de Cangas, de Meendiño...-, ficou en boa parte derramada. E sufriu este empobrecimento comunal, sin proveito compensador. O sacrificio nin siquera serviu pra qu os espazos privilexiados, se gañaran como asente da auto-estrada da veiramar, que debería unir Vigo con Baiona e Baiona con Caminha. A autro-estrada galego lusitana das praias novas!...
Aínda así, non todo se perdéu. Bouzas atópase no eixo en que tales nomes idealmente se aliñan. No fin das praias vellas e no roteiro das praias novas. Xusto é que agora non deixe perder a súa. Bouzas conserva, por sorte, a Ribeira do Mar, localmente contraposta a Ribiera de Terra. Unha mirando as illas e aos derroteiros que levan ou tran as parexas. A outra mirando a Vigo, e xa con risco de ir perdendo tamén ésta panorámica regalía.
A praia de Bouzas está na cabeceira. Hoxe e a única verdadeiramente urbán que a Vigo lle é doado defender. Ten de longa o que non ten de ancha, pois o caseirío da vila monta demais a cabalo do areal. Require maor despexo, remoción de penedias alonxamento de desaugües, franqueamento d-entradas, instalacións axeitadas...
Malamente tratada foi até agora... mais sobrevive. Si se quere pode en adiante ser mellorada e ben acondicionada ao seu fin. Compre facer a sua restauración como praia en exercicio, digna dunha cibdade moderna en cobizoso crecimento, e non deixal-a no abandono tradicioal, á sua cativa sorte...
Com-as outras!...