O canto épico de Paz-Andrade aos galegos como pobo nómade
Praza Pública 14/05/2012
Montse Dopico. Luís Seoane e Valentín Paz-Andrade compartían unha mesma arela de afrontar o tema da emigración desde unha perspectiva épica. Seoane escolleu cantar á loita dos heroes con nome e apelidos. E Paz-Andrade optou polos seres anónimos esquecidos, por un protagonista colectivo que é un pobo cuxa identidade se forxou, en boa medida, na súa historia nómade. Así o explica a profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama no estudo introdutorio de Canto do pobo disperso, o poemario inédito de Paz-Andrade que o Consello da Cultura Galega (CCG) acaba de tirar do prelo como contributo á celebración do Día das Letras. Continúa lendo