O alumnado de Negreira achégase a figura de Valentín Paz-Andrade
11/05/2012
O instituto de Negreira foi o pasado venres 11 de maio onde se desvelaron as mellores anécdotas de Valentín Paz-Andrade nun econtro entre o alumnado e o fillo do homenaxeado, Alfonso Paz-Andrade. Asistiu tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, quen inaugurou a mostra “Colleita e 1898” elaborada polo IES lucense Xoán Montes e que se enviará aos máis de cen centros do exterior onde se estuda a lingua galega.
Durante o encontro, Alfonso Paz-Andrade foi claro no seu discurso “Meu pai fixo toda a súa actividade en clave galega” “Adiantouse ao seu tempo para pedir unha autonomía, para denunciar o sistema de comunicacións de Galicia, etc”