Méndez Ferrín: "Castelao falaba por boca de Paz Andrade cando trataba temas económicos"
Faro de Vigo 05/05/2012
F. FRANCO - VIGO "Hai moitos Valentín Paz Andrade pero todos son coherentes entre sí e xiran en torno a un eixo proteico de diamante que son os seus principios solidarios, progresistas e nacionalistas", dixo Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, no acto celebrado onte no Club FARO adicado a Valentín Paz Andrade en conmemoración do Día Das Letras Galegas. Ao seu carón, na mesa, Xosé Luis Axeitos (arquiveiro da RAG, catedrático do Instituto), Miguel Anxo Seixas (coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega) e Manuel Bragado, director de Edicions Xerais, que fixo o papel de moderador. Continúa lendo