GADISA únese ás Letras Galegas 2012
09/05/2012
Galega de Distribuidores de Alimentación, S.A. (Gadisa) únese á celebración do Día das Letras Galegas 2012 coa campaña pola cal se repartirán nos supermercados Gadis máis de dous millóns de bolsas da compra coa imaxe de Valentín Paz-Andrade e nas que poderase ler un fragmento do seu libro O porvir da lingua. A víspera das Letras, xunto coas bolsas repartiranse até finalizar as existencias 30.000 exemplares da novela de intriga e terror Formigas, escrita por Tucho Calvo e ilustrada pr Juan Carlos Abraldes.
Alfonso Paz-Andrade, quen tamén participou no encontro coa prensa organizado por Gadisa eloxiou que “nun momento delicado da economía de Galicia”, unha empresa incorpore un soporte novedoso como as bolsas da compra como un transmisor de cultura. “Valentín tamén foi como unha bolsa, como unha bolsa de coñecementos varios”, dixo.