Conferencia sobre Paz-Andrade en La Habana
09/05/2012
X.Amancio Liñares Giraut (Negreira 1961) impartiu a conferencia “Valentín Paz-Andrade en las Letras Gallegas” no Centro Gallego de La Habana. O profesor realizou unha profunda reflexión sobre os momentos máis importantes da biografía do homenaxeado: avogado, periodista, funcionario, escritor comprometido, intelectual e galeguista. Aspectos inéditos para o audiotorio foron os vencellos de Paz-Andrade con Cuba durante a súa estancia como técnico da FAO en 1954. Amancio Liñares referiuse tamén ao idioma e recordou como se instituiu o Día das Letras Galegas a partir do ano 1963, en homenaxe a excelsa poetisa galega Rosalía de Castro. Foto: Rosío Estupiñán.