Canto do pobo disperso, poemario inédito de Valentín Paz-Andrade.
10/05/2012
O Consello da Cultura Galega presentou hoxe a edición Canto do pobo disperso, transcrición e facsímile do poemario inédito de Paz-Andrade que en palabras de Ramón Villares supón ademáis “toda unha homenaxe á condición migratoria dos galegos”
Para Villares, Valentín Paz-Andrade trata de entender a través destes sete cantos e un texto inacabado unha das claves da historia de Galicia, situándoa como lugar de chegada e de partida de emigrantes que finalmente retornan a súa terra para poder transformala coa experiencia adquirida. Coa edición deste poemario a figura do homenaxeado este ano coas Letras Galegas “agrándase aínda máis” e permite descubrilo como un extraordinario autor literario e poeta.
Esta edición-homenaxe que rinde o Consello da Cultura Galega a Paz-Andrade foi posible gracias á aportación de Miguel Anxo Seixas, quen descubriu o orixinal na Fundación Luís Seoane e á colaboración da profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama quen tratou de compoñer os textos e realizou un estudio preliminar sobre o poemario. +Info