Caderno de bitácora de Valentín Paz-Andrade
05/06/2012
Fragmento de Caderno de bitácora de Valentín Paz-Andrade, composición de Juan Durán sobre textos de Valentín Paz-Andrade interpretada pola Real Filharmonía de Galicia e recitada por Xosé Barato. Peza que formou parte do Concerto das Letras Galegas do 2012 organizado polo Consello da Cultura Galega.
"Caderno de bitácora", lugar onde se anotan meticulosamente as incidencias na navegación: rumbos, velocidade, distancias percorridas, vetos, circunstancias atmosféricas, situación de accidentes orográficos descoñecidos... Por extensión, memoria do tempo vivido, tamén soñado. Para esta obra de encargo explícito, Durán escolle de entre os poemarios de Valentín Paz-Andrade, "Sementeira do vento" e "Pranto Matricial", tres singraduras para unha viaxe que vai do máis concreto, os lugares da diáspora da Rosa dos Ventos ou os das ribeiras da terra propia, á lembranza do soño truncado da Galicia de Castelao; e, de aquí, novamente ao espazo sen tempo do vento, e do mar. Sobre estes versos o compositor arma unha obra densa na súa brevidade, variada nas texturas e rica en expresicidade, xunguida na súa amplitude pola presenza de temas recorrentes, motivos derivados e procedementos compositivos reiterados que paga a pena comentar.
Luís Costa Vázquez
Sección de Música e Artes Escénicas
Consello da Cultura Galega