As Cortes Constituíntes de 1931
2/11/2012
Valentín Paz-Andrade concurriu como candidato ás Cortes Constituíntes pola Candidatura Galeguista por Pontevedra nas eleccións celebradas o 28 de xuño de 1931 na compaña de Castelao e Ramón Cabanillas. D. Valentín non saiu elexido por mor dunha fraude electoral mesmamente o roubo das actas de Lalín. Estes telegramas de Álvaro de las Casas e Castelao ao president da Generalitat, Francesc Macià, reflicten a carraxe polo pucheirazo. A cordial resposta de Macià a Alvaro das Casas non é máis unha consabida noraboa protocolaria polo trunfo e a solidariedade do president catalán cara os desexos de liberación de Galicia. O de Castelao amosa a amargura pola perda do escano de Paz-Andrade ao mesmo tempo que se ofrece para a loita fraterna das dúas patrias a prol da súa libertade.
Xosé Estévez