A RAG e o Concello de Vigo preparan as Letras Galegas 2012
A Real Academia Galega trasladarase este 17 de maio a Vigo para conmemorar á figura de Valetín Paz-Andrade a quen X.L. Méndez Ferrín calificou como “unha figura colosal, un grande poeta galego”. O presidente da RAG salientou o significado que tiña a cidade de Vigo para o homenaxeado de este ano, “para Valentín, Vigo estaba chamada a ser o motor económico que lle proporcionaría a Galicia a prosperidade necesaria para a súa autodeterminación”
Dentro dos actos previstos para o Día das Letras Galegas está o Pleno Extaordinario da RAG que se realizará no antigo Teatro García Barbón e estará aberto ao público. O mesmo día 17 de maio inauguraráse a exposición “Valentín Paz-Andrade, Galicia como tarefa” na sala de exposicións do Centro Social Novacaixagalicia. Os actos conmemorativos da figura de Valentín Paz-Andrade sucederánse todo o ano.