A entrada na Real Academia Galega
25/02/2013
O 11 de febreiro de 1978 Valentín Paz-Andrade le o discurso de ingreso na Academia Galega, para onde resultara designado en 1964. A previsión inicial de que fose Otero Pedrayo o que respondese o discurso xa non foi posíbel pola morte do vello Patriarca en 1976, e foi Álvaro Cunqueiro o encargado da réplica.
Valentín Paz-Andrade chega a esta Casa con méritos d-abondo, tanto no terreo literario como no periodismo, nos estudos sociáis e económicos, especialmente referidos a pesca e as industrias pesqueiras, como n-un servizo a Galicia, a súa cultura, ao seu propio ser como pobo, as súas espranzas e ao seu destiño, que se adoita as veces definir como que un tal de nós ten “unha grande emoción galega”. Sin dúbida, esta emoción é algo máis, é un pensamento, unha vontade e memoria de patria, un quefacer cotián que divisa un fin fermanente, e asemade todo é un soño no que un alma namorada lle vai a vida. Este norte, esta estrela, este luceiro, presiden as labouras do home, sin que haxa nin unha soia hora de febleza na brillante luz. Aparece patente a decisión de que se faga o que se faga, Galicia está presente, as tarefas son tarefas galegas, todo é semente na vella e usada terra galega, todas as colleitas posibles son colleitas nas que as espigas maduras e cheas dobregan o tallo porque hai un que as está soñando. Por mui realista e razonador que seña Valetín Paz-Andrade, por moito que se ateña aos datos obxetivos e a praxis nos estudos e nas súas empresas, sempre aparez na súa laboura ese resplandor no soño galego, canto das máis nobles xeneracións, anceios d-unha nova vida. Na vida de Valentín Paz-Andrade, están esa emoción galega, ese soñar, ese anceiar, pro está tamén a vontade de facer realidade ese soño e ese anceio. Lembrémonos de que libro importante na bbliografía de Valentín Paz-Andrade, tidúase “Galicia como Tarea”. Esta é a cuestión. Esta é a gran cuestión de Valentín Paz-Andrade.
Fragmento da resposta ao discurso "A Galecidade
na obra de Guimarães Rosa" por Álvaro Cunqueiro