VPA en Poetas de Galicia. 1968.
Incluído no CD Poética das ideas que contén dous programas míticos de RNE en Galicia: Poetas de Galicia e Gallegos de Hoy. En ambos programas podemos escoitar a voz e as opinións de Valentín Paz Andrade sobre unha chea de temas que ocupaban o seu tempo e o seu pensamento. Paz Andrade reflexiona sobre a industria e a ecoloxía do mar, sobre a necesidade dunha banca pública galega, sobre a arte, chegando a afirmar que a cultura galega sen a súa poesia sería un ermo desolador. Apaixoado pola nosa cultura e pola nosa historia, as conversas que aquí ofrecemos con Valentín Paz Andrade resultan un paseo pola alma de Galicia difícil de esquecer. Xunto ás reflexións do homenaxeado coas Letras Galegas do ano 2012, tamén se inclúen nas presentes gravacións os recitados de varios poemas de Don Valentín Paz Andrade, nas voces de locutores e colaboradores de RNE e na do proprio autor.
II Programa
Poetas de Galicia
Locutores: Pilar Cañás e José Luis de Tena
Recitadores: Lita Iglesias, Andrés Rey e
Valentín Paz Andrade
Emisión: Ano: 1968. Hora: 20.25 dos venres.
Duración: 25’34”
Centro Emisor do Noroeste.