Pranto matricial na voz de Valentín Paz-Andrade
O Arquivo Sonoro de Galicia facilita a difusión dos seus fondos sonoros a través da edición dalgunhas das gravacións que considera de maior interese patrimonial e histórico. Neste caso o nº 23 da colección As nosas voces está adicado a Valentín Paz-Andrade quen realizou esta gravación de Pranto matricial nos estudos San Martín como complemento á súa participación no programa La hora iberoamericana que tiña na emisora Radio del Pueblo de Bos Aires Manuel Núñez Búa.
O soporte orixinal é un disco de metal recuberto de acetato, propio dos estudios de gravación daquel momento, antes da difusión dos sistemas de gravación en cintas magnéticas de carrete aberto.
A edición deste arquivo sonoro está acompañada pola reedición facsimilar do poemario Pranto matricial e por un estudo introductorio do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e do secretario do Arquivo Sonoro de Galicia, Alfonso Vázquez-Monxardín.
A restauración e tratamento do son estivo a cargo de Bea Pérez