Conferencia: A coxuntura da industrialización en Galicia
En 1957, Valentín Paz-Andrade viaxa por terceira vez a Arxentina. Unha vez chegado, xunto coa súa dona e o seu fillo comeza unha intensa actividade como conferenciante do Centro Galego de Bos Aires no marco das Xornadas Patrióticas organizadas para conmemorar o 50 aniversario da fundación do centro. As conferencias, reestructuradas en quince capítulos formarán parte de Galicia como tarea libro publicado dous anos máis tarde polas Edicións Galicia, do Cento Galego de Bos Aires.