Acto de clausura das Xornadas Patrióticas Galegas
En 1957, Valentín Paz-Andrade viaxa por terceira vez a Arxentina. Unha vez chegado, xunto coa súa dona e o seu fillo comeza unha intensa actividade como conferenciante do Centro Galego de Bos Aires no marco das Xornadas Patrióticas organizadas para conmemorar o 50 aniversario da fundación do centro.